Información de SKANDALO GZ

 
SKANDALO GZ

Ponteareas
Telf: 618 821 790
Web: http://www.myspace.com/skandalogz
eMail: skandalogz@gmail.com
 
 
Todo comenzó en 2007 en Ponteareas , cuando 3 obreros deciden montar un grupo para expresar su malestar con todo el sistema.


Share 


Formado no 2007 por 3 obreiros en Ponteareas, aínda que agora somos 5, xa que introducimos unha trompeta e un trombón de varas. Tocamos un estilo de punk rock ska e definimos a nosa música como música para a clase obreira, con letras de información sobre inxustizas da vida política e social. 

Actualmente temos cancións en galego e en castelán, coa intención de acabar facendo todas en galego, e tamén facemos algunha versión de grupos que influiron en nos. Non tiñamos local de ensaio pero levantamos un autoxestionado por nos mesmos, o igual que a maqueta que temos, que foi gravada con poucos medios e grazas a axuda dun compañeiro, onde temos 10 cancións gravadas sen os instrumentos de vento xa que naquel momento aínda non se incorporaran o grupo.

Demos concertos en varios locais de Ponteareas, e tamén nun festival chamado Ovopicaraña, pero onde empezamos a tocar foi nun centro social moi ligado a nos chamado CENTRO SOCIAL AUTOXESTIONADO "O FRESCO".

En tódolos concertos, aparte de tocar, damos discursos sobre as novidades da vida, sobre todo as relacionadas co tema dos traballadores e as inxustizas que con eles se cometen a cotío.E tamen sempre recordamos nos nosos concertos tanto nas cancions como en discursos a matanza do 1936. 

SKANDALO GZ foi gañador por medio do público do A Polo Ghit 2008 coa sua canción "Likor Kafé" e tamén foi semifinalista de Nsaio no Camiño 2008.Tamen foi gañador do concurso de maquetas do festival Millo Verde 2009. 

Este grupo deu concertos por toda Galiza: na Fábrica de Chocolate, na Farándula (Vigo), no Salón Parroquial (Ponteareas), no Centro Social "O Fresco"(Ponteareas), no pub A Pola (Ponteareas), no pub Outótono (Ponteareas), na Casa da Triga (Ponteareas), en Xinzo e no Festival Ovopicaraña Rock (Ponteareas), na sala Café Cultural Auriense (Ourense), no Festival Rock..n Rio Miño 2008 (Cortegada), no pub Badulake (Ordes), no pub A Garufa (Coruña), na Sala Clavicémbalo (Lugo) e teloneiros de Boikot na semifinal de Nsaio no Camiño 2008 (Ribadeo). No Festival Millo Verde 2009. na Festa da Prehistoria 2009, en Mos . e tamén se desplazaron ata Euskadi a tocar nas festas do Monte Igeldo 2009, en Guipuzcua.

No 2010 tamen tocaron no pub Vogue (Ponteareas); nas festas dos callos en Salvaterra e O Porriño; na presentacion do disco de Dakidarria en Nigran; teloneiros de Che Sudaka en Bueu, na sala Zona; no Festival da mocidade en Xinzo de Limia (Rairiz de Veiga) e no primeiro Lira ROCK, en Salvaterra de Miño.


Redes Sociales

 

Imagenes (1)

 
Buscador

Eventos
« Ago 2018 »
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    
 
© 2010-2011 Ponteareas Virtual - Todos los derechos reservados